Saltar ao contido

Yom Hashoá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holocausto
Elementos preliminares
Política racial · Euxenesia

Leis de Núremberg · Eutanasia Forzada · Campos de concentración · (lista)

Os xudeus durante a segunda guerra mundial
Os xudeus na Alemaña nazi

Pogromos: A noite dos cristais rotos · Pogrom de Bucarest · Pogrom de Dorohoi · Pogrom de Iaşi · Masacre de Jedwabne · Pogrom de Kaunas · Pogrom de Lviv

Guetos: de Budapest · de Cracovia · de Kaunas · de Łódź · de Lviv · Campo de Theresienstadt · gueto de Varsovia · gueto de Vilnius

Einsatzgruppen: Babi Yar · Rumbula · Ponary · Holocausto en Odesa

Solución final: Conferencia de Wannsee · Operación Reinhard

Campos de extermínio nazis: Auschwitz · Birkenau · Belzec · Chelmno · Majdanek · Treblinka · Sobibor

Resistencia: Xudeus partisanos · Levantes nos guetos xudeus (Varsovia)

Fin da Segunda Guerra Mundial: Marchas da morte · Berihah · Sh'erit ha-Pletah

Outras vítimas

Generalplan Ost · Polacos · Republicanos e socialistas · Porraimos · Homosexuais

Responsables

Alemaña Nazi: Hitler · Eichmann · Heydrich · Himmler · SS · Gestapo · SA Colaboracionismo

Secuelas· Xuízos de Núremberg · Desnazificación

Listas
Sobreviventes · Vítimas · Rascatadores

Yom HaShoá, tamén transcrito Yom Hashoá (en hebreo: יום השואה, yom hash-sho’āh; literalmente: Día da Shoá ou Día do Recordo do Holocausto) é un día conmemorativo de Israel, que acontece o 27 de Nisán do calendario, entre os meses de marzo e abril no calendario gregoriano.[1][2][3] Esta xornada, considerada festivo nacional en Israel, é lembrada anualmente como día de recordo das vítimas do Holocausto e da valentía dos resistentes e sobreviventes.[4][5]

Existe un equivalente internacional: o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, que se celebra o 27 de xaneiro (primeiro mes do calendario gregoriano), comparable ao 27 de Nisán (primeiro mes do calendario hebreo cultual).

Orixinalmente, o día proposto para o Yom Hashoá foi o día 15 de Nisán, aniversario da revolta do gueto de Varsovia (19 de abril de 1943), pero esta proposta foi rexeitada por causa de coincidir co primeiro día de Pésaj. O día 27 foi escollido por ser oito días antes da conmemoración de Yom Ha'atzmaut, Día da Independencia de Israel. O Yom Hashoá foi establecido en 1959 como lei en Israel e aprobado por David Ben-Gurión e Yitzhak Ben-Zvi.

Ás 10:00 horas do Yom Hashoá, as sirenas aéreas soan durante dous minutos. Os vehículos de transporte público paran por este período e as persoas permanecen en silencio. Durante o Yom Hashoá, establecementos públicos son pechados, a televisión e a radio transmiten cancións e documentais sobre o Holocausto e todas as bandeiras quedan a media hasta.


  1. "Día del Recuerdo del Holocausto (en castelán)". embassies.gov.il/. Consultado o 13-3-2022. 
  2. "La enorme diferencia entre el día internacional de conmemoración de las víctimas del Holocausto y Yom Hashoá" (en castelán). Consultado o 2021-07-22. 
  3. "Remembrance Day Calendar" (en inglés). United States Holocaust Memorial Museum. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  4. "Remembrance Day Calendar" (en inglés). United States Holocaust Memorial Museum. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  5. Sloin, Jorge Rozemblum (2014-04-25). "El dilema ugandés | Diario Judío México" (en castelán). Consultado o 2021-07-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]